A finais de marzo, en concreto o día 28, os alumnos e alumnas clasificados e clasificadas na fase local de Acea de Ama, participaron no cros provincial que se levou a cabo nun lugar idílico como é o circuito de Santa Irene situado en Porto do Son.
Este curso, os alumnos/as do 3º ciclo, tiveron a oportunidade de compartir unhas sesións co Club Atlántico Balonmán. Aprendemos un montón e pasámolo xenial! Velaquí unha pequena reportaxe fotográfica.
Os rapaces e rapazas de terceiro ciclo levaron a cabo un campionato de bádminton durante o primeiro trimestre. Velaquí unha poucas fotos da competición.
Comentarios
Publicar un comentario