Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

LIGA DE BALONCESTO

Imagen
      Durante o terceiro trimestre fixemos dúas ligas  de baloncesto: unha entre os alumnos/as de 5º  e outra cos alumno/as de 6º de educación primaria. Eles mesmos se autoarbitraron. Todos/as presumiron dunha gran deportividade.  

ANDAINA POLO RÍO MERO

Imagen
En xuño, aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina polo río Mero, onde tivemos a oportunidade de desfrutar da actividade física no medio dunha fermosa paraxe natural. Participaron nesta andaina os alumnos de 5º e 6º, aínda que foron en días diferentes. Foi un día fantástico!  

PATIOS ACTIVOS

Imagen
 Para o curso que ven seguiremos co programa " Patios activos" nos recreos. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

XORNADAS DE BALONMÁN CO CLUB BALONMÁN CULLEREDO

Imagen
 No terceiro trimestre tivemos a oportunidade de realizar unhas xornadas de balonmán co Club Balonmán Culleredo. Desta forma puidemos acercar este divertido deporte aos cativos/as do 1º e 2 º ciclo dunha forma lúdica.      

XORNADAS DE BALONMÁN NO WENCESLAO CO CLUB ATLÁNTICO BALONMÁN

Imagen
     Este curso, os alumnos/as do 3º ciclo,  tiveron a oportunidade de compartir unhas sesións co Club Atlántico Balonmán. Aprendemos un montón e pasámolo xenial!  Velaquí unha pequena reportaxe fotográfica.  

LIGA DE DATCHBALL

Imagen
 Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de educación primaria xogaron unha liga de datchball durante o primeiro e segundo trimestre. A peculariedade deste deporte é que eles  mesmos se autoarbitraron, incidindo desta forma na coeducación, e traballando a igualdade, o respeto e a solidariedade. A verdade é que o pasaron moi ben!!      

Xornadas de Béisbol

Imagen
 Este curso tivemos a oportunidade de practicar béisbol durante uns días no colexio grazas a colaboración do Club de Beisbol e Sofbol de Cambre. Participaron os alumnos/as do 2º e 3º ciclo. Que ben o pasamos!!