Entradas

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA EN CAMBRE NO CURSO 2026

Imagen
  O igual que o curso pasado, este ano celebramos o día da Educación Física. O fixemos o 30 de abril.   Xuntámonos todos os colexios do concello de Cambre no parque que hai detrás de igrexa románica de Cambre. Cada centro explicoulle aos demais  un xogo, polo que tódolos nenos/as xogaron a 5 xogos. O xogo escollido polo noso cole foi  o Kho Kho, que é un xogo de pilla da India. Do noso centro, o igual que o ano anterior, participaron os alumnos/as de 5º. A través desta actividade queremos dar visibilidade o que facemos no día a día na nosa aula e q ueremos reivindicar a necesidade de implantar tres horas de educación física á semana.

TORNEO DE BÁDMINTON 2026

Imagen
  O longo do segundo trimestre e principios do terceiro, xogamos un torneo de bádminton nos recreos. A competición   levábase a cabo xeralmente un día a semana. Participaron os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Este torneo tivo unha gran participación de alumnado do centro. Xogaron a final Xoel e Lucas Figueira de 4ºB e Xoel e Saúl de 6ºC, gañando o torneo estes últimos.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS EN SANTA IRENE-PORTO DO SON (CURSO 2026)

Imagen
O venres 29 de maio levouse a cabo a final de cros de centros educativos da provincia da Coruña. O noso centro participou, na categoría de equipos,   co equipo alevín masculino, que quedara na primeira posición no cros celebrado anteriormente en Acea de Ma. Por outro lado, tamén participaron de forma individual, Tania e Moisés de 6º de educación primaria, xa que se clasificaron entre os dez primeiros corredores na anterior proba. Pasámolo xenial!