Durante o terceiro trimestre fixemos dúas ligas de baloncesto: unha entre os alumnos/as de 5º e outra cos alumno/as de 6º de educación primaria. Eles mesmos se autoarbitraron. Todos/as presumiron dunha gran deportividade.
En xuño, aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina polo río Mero, onde tivemos a oportunidade de desfrutar da actividade física no medio dunha fermosa paraxe natural. Participaron nesta andaina os alumnos de 5º e 6º, aínda que foron en días diferentes. Foi un día fantástico!
No terceiro trimestre tivemos a oportunidade de realizar unhas xornadas de balonmán co Club Balonmán Culleredo. Desta forma puidemos acercar este divertido deporte aos cativos/as do 1º e 2 º ciclo dunha forma lúdica.
Este curso, os alumnos/as do 3º ciclo, tiveron a oportunidade de compartir unhas sesións co Club Atlántico Balonmán. Aprendemos un montón e pasámolo xenial! Velaquí unha pequena reportaxe fotográfica.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de educación primaria xogaron unha liga de datchball durante o primeiro e segundo trimestre. A peculariedade deste deporte é que eles mesmos se autoarbitraron, incidindo desta forma na coeducación, e traballando a igualdade, o respeto e a solidariedade. A verdade é que o pasaron moi ben!!
Este curso tivemos a oportunidade de practicar béisbol durante uns días no colexio grazas a colaboración do Club de Beisbol e Sofbol de Cambre. Participaron os alumnos/as do 2º e 3º ciclo. Que ben o pasamos!!